Volve a unidade pra doar sangue ata a rúa Cruxa

Doazón de sangue
M.M.
Unha unidade de doazón estacionada en Ames, concretamente en Bertamiráns. Foto: CDA

A Maía. A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro, na rúa Cruxa (cruce coa avenida Rosalía de Castro). O horario de mañá será de 9.30 a 14.30 horas, mentres que pola tarde será de 15.30 a 21.00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, que corresponde ao número 900 100 828.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue ó mes cunha cifra diaria que vai das catrocentas ás cincocentas cesións de líquido vital. M.M.