Volve ao pleno o servizo de limpeza por 2 millóns

Pleno Concello
M. Outeiro
Unha sesión plenaria celebrada pola Corporación amesá. Foto: CDA

Ames. A Corporación amesá reúnese este xoves ás 20.30 horas para ratificar en pleno a aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, debido á sentenza do Constitucional sobre o cobro das plusvalías por parte da administración local.

Tamén abordarán a aprobación do expediente de licitación do servizo de limpeza integral nas instalacións municipais e nos centros educativos, que ten que volver a pleno despois das alegacións sectoriais (pola sobrepuntuación ao fío do uso da barredora), por importe de 2.049.999 € e tres anos de duración. Neste pleno, do mesmo xeito, darase conta dos últimos decretos ditados pola alcaldía; da execución trimestral sobre o período medio de pago a provedores; e do informe de morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2021. Para rematar, darase conta das queixas, suxestións e reclamacións presentadas no ano 2021. M. Outeiro