Volve o mercadillo de Bertamiráns o vindeiro sábado trece de marzo

Mercado municipal
ARCA
Unha voluntaria da agrupación de Protección Civil controlando o mercadillo. Foto: C. A.

AMES. Tras a suspensión decretada debido ás condicións de alerta sanitaria provocadas pola pandemia derivada da COVID, o mercadillo de Bertamiráns poderá reanudar a súa actividade o vindeiro 13 de marzo, segundo informou o Concello. A situación sanitaria permite agora que o mercado poida

reabrirse no emprazamento das rúas Ameneiral e Entrerríos e na Praza do Concello. Dende a concellería de Promoción Económica xa se está a informar aos vendedores/as das datas de reapertura. O mercado de venda ambulante de Bertamiráns estivo suspendido durante os dous últimos meses. Un decreto de alcaldía aprobou a suspensión o pasado 13 de

xaneiro pola situación epidemiolóxica daquel momento. Agora, e logo de que o nivel de restricións mudase no concello de Ames, o goberno local prepara a volta á rúa do citado mercado. arca