Volve o mercado de rúa de Bertamiráns ata os arredores do concello

Foron cinco meses de reubicación, que foi moi criticada, na zona da gardería Galiña Azul
Comercio local
O.D. Vilar
Rúa Ameneiral de Bertamiráns, que volverá a contar con postos do mercado de rúa este sábado. Foto: CA

Ames. Volve o mercado de rúa ao entorno ca casa do concello de Ames, en Bertamiráns, este sábado despois de cinco meses reubicado no entorno da Galiña Azul. E incluirá as rúas Ameneiral e Entrerríos, así como a praza do Concello, para poder cumprir as medidas de distancia e seguridade que dita o regulamento da Xunta de Galicia na loita contra a pandemia.

O mercado de rúa de Bertamiráns, despois do confinamento, localizouse temporalmente na rúa do Sar, un emprazamento con dous carrís, sen construcións aos lados, que permitiu levar a cabo correctamente a actividade tal e como obrigan as normas sanitarias e dita o regulamento autonómico do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á covid, pero que non convenceu nin a ambulantes, nin aos veciños nin a comerciantes da zona, aínda que o Concello insiste en que consensuouse cos venderores e a patronal XEA.

Agora o tripartito cre que, coa chegada do outono, o comercio ambulante “precisa para o desenvolvemento óptimo da súa actividade localizacións que o protexan das inclemencias meteorolóxicas e a rúa do Sar non cumpre os requisitos de gorecer o mercado do vento e a chuvia”.

A actual ampliouse despois dunha votación na que a idea arrasou. o.d. vilar