Volven a adiar o Volta ao cole co comercio ata o 21 pola previsión do tempo

Vuelta al cole
M.M.
A Volta ao cole co comercio xa celebrada no Milladoiro, e adíada en Bertamiráns. Foto: CA

A Maía.A concellaría de Promoción Económica informa de que por mor das predicións meteorolóxicas que dan choiva para este martes, 13 de setembro, vaise adiar a xornada de Volta ao cole co comercio para o mércores 21 de setembro en Bertamiráns. Trátase dunha campaña para dinamizar o comercio e a hostalaría local no comezo do curso lectivo. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17.00 ás 19.00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19.00 ás 21.00 horas. Haberá diferentes actividade lúdicas e sortearanse diferentes premios. Esta actividade realizouse o venres 9 de setembro no Milladoiro, onde participaron un gran número de nenos. Tamén haberá sorteo de diversos premios, que inclúen agasallos de electrónica e vales de compra para establecementos relacionados coa volta aos centros de ensino. M.M.