We Robots e SOMA levaron o premio Lingua e Empresa

Normalización lingüística
M. Outeiro
Representantes de SOMA, cuarta pola esquerda, e We Robots con Pampín e García. Foto: CB

A Maía. O auditorio da casa da cultura do Milladoiro acolleu este sábado a gala de entrega da quinta edición dos premios Lingua e Empresa organizados pola concellaría de Normalización Lingüística. As empresas galardoadas foron We Robots Academy, de Bertamiráns, na categoría de uso consolidado da lingua galego, e SOMA Centro de Terapia Integral, do Milladoiro, na categoría de empresas que naceron nestes dous últimos anos ou que incorporaron a lingua galega na súa comunicación nese mesmo período. Os dous representantes das empresas gañadoras recibiron un trofeo e un diploma, que se engade á dotación de 1.500 euros e á campaña de difusión en Ames Radio cos que se premiaba a cada categoría. Os regueifeiros Lupe Blanco e mais Josinho da Teixeira conduciron e amenizaron coas súas coplas este evento. A gala contou ca presenza do alcalde e varios edís, así como representantes das 26 firmas participantes. M. Outeiro