Xa se coñecen os trece gañadores do sorteo da Campaña de Neves

Nieve
Javier Salutregui
Foto de familia dos participantes na Campaña de Neves do ano pasado. Foto: D. da Coruña

AMES. O Concello de Ames publicou na súa páxina web os gañadores das trece prazas para viaxar á estación de Valgrande. O sorteo tivo lugar o pasado mércores 15 de decembro, ás 12.00 horas, no salón de plenos da casa consistorial, en Bertamiráns, e participaron nel as 35 persoas que solicitaron inscribirse na Campaña de Neves.

Os trece mozos e mozas, nados entre 2006 e 2009, viaxarán a Asturias na segunda das cinco quendas establecidas pola Deputación da Coruña, do 21 ao 24 de xaneiro. A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe transporte, estadía e manutención na estación de esquí Valgrande-Pajares, así como monitores, clases de esquí e todo o gasto ocasionado polas actividades e cursos.

Os afortunados que reciban a confirmación da súa praza deberán entregar unha copia do aboamento da cota de inscrición. J.S.