Xogos teatralizados para vivir a lingua o sábado 6

Normalización lingüística
M.M.
Unha das actividades que desenvolveu a Cooperativa Aventeira para a mocidade Foto: CA

A Maía. Normalización Lingüística xunto ca concellería de Mocidade de Ames colaboran en Vive a Lingua, un programa de xogos teatralizados composto por dúas actividades para o público infantil e xuvenil, o sábado 6 de novembro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

A primeira proposta é A casa do Mago, para rapazada de 8 a 12 anos, das 16.00 a 17.30 horas, mentres que O misterio das pantasmas, dirixido á mocidade de entre 13 e 17 anos, chegará entre as 18.30 e 20.00 horas. O itinerario, organizado pola Cooperativa Aventeira, conta co financiamento do Fondo Xacobeo 2021, no marco da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. A inscrición xa está aberta para as actividades, gratuítas e limitadas a corenta prazas, cumprimentando o formulario que aparece publicado na páxina web municipal.

Os monitores de Vive a Lingua introducen elementos históricos e culturais nos xogos para que así os mozos poidan aproveitalos. M.M.