Xurxo Mariño vai disertar da linguaxe e a evolución

Divulgación científica
M. Manteiga
Xurxo Mariño con María Solar nunha campaña de divulgación da súa obra. Foto: TVG

Ames. Xurxo Mariño, biólogo, experto en neurociencia e divulgador científico, volve a Ames o vindeiro día 18 para falar de linguaxe, a principal característica da natureza humana. Os interesados en asistir deben de anotarse até o próximo día 17 enviando un correo electrónico –o email é normalizacion@concellodeames.gal– indicando o nome e apelidos, teléfono de contacto e idade das crianzas que as acompañen.

Linguaxe e evolución do eu é o título da charla organizada polo Servizo de Normalización Lingüística de Ames dentro do mes da ciencia. A actividade, pensada principalmente para o público adulto, terá lugar o próximo xoves ás 20.00 horas, na casa da cultura do Milladoiro.

A actividade vén porque novembro é o mes da Ciencia en galego e, por este motivo, desde o Concello de Ames, e no marco do programa Apego, organízanse actividades de divulgación científica con persoas que son referentes no eido científico. M. MANTEIGA