Zocos e Trasnos regresa para agasallar á rapazada

Voluntariado
M.M.
A edil Luísa Feijóo, esquerda, con persoal do voluntariado nunha campaña de Zocos. Foto: OVA

Ames. Zocos e Trasnos volve na súa sexta edición consecutiva co fin de que toda a rapazada amesá teña agasallos no Nadal. A campaña ten como alicerce a participación da cativada, os zocos, que escribirán as súas cartas aos Reis solicitando o regalo concreto que desexen de xeito absolutamente anónimo.

E a veciñanza de Ames, a través da Oficina do Voluntariado municipal, actuará como trasnos, os encargados de ler as cartas e achegar os obsequios aos puntos Trasnos, que estarán localizados este ano nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Uns 120 rapaces e rapazas benefícianse cada ano deste acto solidario.Para rexistrarse e colaborar, pódese chamar aos números de teléfono 662 377 044 (Oficina do Voluntariado de Ames) ou no 683 327 378 (Departamento de Educación familiar), enviando unha mensaxe ao enderezo electrónico a voluntariado@concellodeames.gal, ou ben presencialmente na Oficina do Voluntariado. M.M.