A Barca saíu en procesión por Muxía

Devotos e romeiros cumpriron coa tradición e acompañaron á Virxe ata o porto da vila
Romaría
Jose Manuel Ramos
Olalla Benlloch, Iago Toba e Javier Romar, na procesión da Virxe da Barca. Foto: Concello de Muxía

Devotos e romeiros renovaron este domingo a súa fe na Virxe da Barca en Muxía. Varios centos de persoas, gardando as correspondentes medidas de seguridade, participaron nos actos litúrxicos e na tradicional procesión acompañando á santa ata o peirao da vila onde, como marca a tradición, o párroco Manuel Liñeiro, impartiu a bendición a todos os asistentes.

Nos actos participaron tamén o alcalde, Iago Toba, e os concelleiros Javier Romar e Olalla Benlloch, e tamén o Xuíz de Paz, Gerardo Haz, entre outros.