A bibloteca Francisco Mayán de Cee reparte o marcapáxinas de Azara Antelo

Creatividade
Jose Manuel Ramos
Marcapáxinas gañador do concurso convocado pola biblioteca municipal de Cee. Foto: J. R. Rey

cEE. Un ano máis, e xa van dezasete, a Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán do Concello de Cee está a facer o reparto, polos diferentes centros de ensino e centros sociais, do marca-páxinas gañador do XVII Concurso En busca do noso marca-páxinas, obra realizada por Azara Antelo García e que leva por título A lectura, un mundo de cores.

Do citado marca-páxinas (figurando no reverso o calendario do vindeiro ano) faise unha tirada de 2.000, a cal é patrocinada pola Imprenta Paco de Cee, colaboración que mantén dende a terceira edición do concurso. A entrega deste agasallo “faise para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos, mostrando o traballo gañador e lembrando co calendario que no próximo ano teñen unha cita coa biblioteca municipal e os seus concursos, e tódolos días do ano cos seus libros”, afirma o responsable da mesma, José Ramón Rey. J. M. RAMOS