A choutos co Saltarín do conto bilingüe da mestra Guadalupe Vázquez

Presentación
Jose Manuel Ramos
A alcaldesa á esquerda, e Guadalupez Vázquez presentado o seu libro.. Foto: M. Sambade

Cee. O auditorio Baldomero Cores, de Cee, foi escenario da presentación do conto bilingüe (galego-inglés) Chouta, Saltarín! Hop, Little Grasshoper!, obra de Guadalupe Vázquez Formoso, mestra do colexio Manuela Rial.

O acto, no que participaron medio cento de persoas, moitos deles nenos e nenas, estivo presidido pola alcaldesa ceense, Margarita Lamela. Foi unha presentación dinámica e con movemento, pois segundo a autora do libro, “o movemento é un requisito imprescindible para o desenvolvemento cognitivo dos rapaces”. Asegura que está “fortemente conectado coa aprendizase, mellora a memoria e a atención e aumenta a motivación e autoestima”. Por iso pediu que pais, nais e docentes axuden aos cativos “a mellorar o movemento”, e un primeiro paso pode ser lendo o conto do Saltarín.

Ao remate do acto, a alcaldesa agasallou a autora de libro cunha reprodución cerámica do IES Fernando Blanco, de Cee, feita polos membros do taller Kerámicos, da Asociación pro Enfermos Mentais (Apem).