A parroquia de Muíño acollerá unha unidade da ITV de vehículos agrícolas

Atenderá
ITV
Jose Manuel Ramos
A unidade centrarase na inspección de tractores, remolques e outros vehículos agrícolas especiais.

Unha unidade móbil da ITV de vehículos agrícolas estará na pista polideportiva de Muíño do 2 ao 5 de xullo. O horario de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. As persoas interesadas xa poden pedir cita previa a través da páxina web www.syctiv.com ou no número de teléfono 902 30 90 00.

Esta unidade centrarase na inspección de tractores, remolques e outros vehículos agrícolas especiais. Este é un servizo que se ofrece en colaboración co Concello de Zas para estes vehículos especiais que poden ter maiores dificultades á hora de desprazarse a un punto fixo de ITV.