A vila da Barca acollerá a proxección de ‘Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía por Brandomil’

Ruta Xacobea
Jose Manuel Ramos
Iago Toba co tamén muxián Manolo Vilar, actual director do Museo do Pobo Galego. Foto: Concello de Muxía

O alcalde de Muxía, Iago Toba, representou ao Concello na presentación do documental Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía por Brandomil, que tivo lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. No acto tamén participou “outro muxián de renome e que espalla a cultura muxiana por todo o mundo, o director do referido museo, Manolo Vilar”, subliñan dende o goberno local.

Anuncian ademais que en vindeiras datas poderá verse o documental na vila da Barca “nunha contorna especial e coa actuación en directo da compositora da obra”. O rexedor puxo enriba da mesa a posibilidade e predisposición do executivo para “presentar este fermoso audiovisuall en Muxía, para que todos os muxiáns e muxianas se sintan orgullosos da nosa historia, cultura e patrimonio”.