Acelerarán o proxecto para arranxar a vía de acceso ata o faro Vilán

Infraestruturas viarias
Jose Manuel Ramos
O faro Vilán é un dos referentes turísticos do Concello de Camariñas. Foto: C. C.

Camariñas. A Autoridade Portuaria comunicoulle ao Concello a súa firme intención de acelerar a finalización da redacción do proxecto para executar a reparación da estrada que vai desde Camariñas ata o Faro Vilán.

Así llo explicou o novo presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández, á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e ao primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, nunha reunión mantida na Coruña na que constataron que só restan os últimos detalles. Ademais, no encontro confirmouse a intención de ambas partes de que, cando rematen as obras, se firme un convenio de cesión polo que o Concello asumirá a titularidade da vía.

A rexedora agradeceu o “bo recibimento que nos deu o novo presidente” e expresou o seu desexo de que “se acelere o proceso para poder ter canto antes nas mellores condicións o acceso ao faro, que é un símbolo de Camariñas e sempre atrae a un número elevado de turistas”. J. M.