Acondicionado o cruce do Pedrouzo

Obras
Jose Manuel Ramos
Cruce do Pedrouzo, onde foi acondicionada a contorna da marquesiña. Foto: Concello de Camariñas

Camariñas. O Concello vén de rematar os traballos de acondicionamento do cruce do Pedrouzo, unha actuación realizada polos operarios municipais para mellorar a seguridade viaria no entorno. As obras incluíron a habilitación dunha zona ao carón da marquesiña, que

foi pintada, para que o bus escolar poda facer as súas paradas fora da vía, mellorando así a seguridade dos nenos e nenas. Ademais, este novo espazo creado tamén servirá para que a veciñanza poida aparcar ao carón da parada do bus, evitando os estacionamentos indebidos. Por outra banda, o Concello solicitou unha marquesiña á Xunta para Camelle, que xa lle foi concedida pero aseguran que aínda non a recibiron. J. L.