Acondicionan a Casa de Pedra e a biblioteca de Camariñas

Obradoiro de emprego
Jose Manuel Ramos
Traballos de acondicionamento de varias dependencias da Casa de Pedra de Camariñas. Foto: C. C.

CAMARIÑAS. O alumnado do programa ‘Xuventude polo Emprego’ promovido polo Concello de Camariñas, xunto aos de Vimianzo e Muxía, están a efectuar a renovación dos elementos de carpintería da Casa de Pedra e creando unha app móbil de realidade aumentada. Os participantes na especialidade de carpintería están a vernizar e arranxar o chan e da Casa de Pedra, acabando dous despachos e instalando varios estantes novos. Cando rematen con esta actuación iniciarán obras na fachada de madeira da biblioteca municipal. Pola súa banda, a directora do programa e monitora da especialidade Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web reuniuse co persoal da Axencia de Desenvolvemento Local para deseñar a aplicación móbil de realidade aumentada baseada na web www.rutadelosnaufragios.com. O traballo permitirá volver a facer visibles nos móbiles os 62 barcos que forman parte da ruta, entre eles o Serpent. j. m.