Acordo sobre os bonos á cidadanía en Vimianzo

Política municipal
Jose Manuel Ramos
Casa consistorial de Vimianzo

Vimianzo. A Corporación de Vimianzo acordou destinar 150.000 € á campaña de promoción do comercio e o empresariado local, a través de bonos á cidadanía.

O grupo Adiante Vimianzo agarda que tamén se chegue a un acordo para habilitar axudas directas a microempresas e autónomos, tema que será tratado no vindeiro pleno ordinario. En canto aos bonos, piden que “non se discrimine a ningún sector” e que o uso da tecnoloxía non impida que se poidan unir á campaña quenes non dispoñen de terminais para o pago con tarxeta.

Consideran ademais “excesiva” a previsión de 18.000 € para comisións aos bancos polas tarxetas. J. M.