Activan unha nova campaña en Feirauto ata o dezaoito

Automóvil
ECG
Exposición de vehículos na corenta e nove edición de Feirauto. Foto: Feirauto

Zas. Os talleres que forman o grupo Feirauto de Baio comezaron este luns unha gran campaña de liquidación de stock en vehículos seminovos e km 0 na que todos os coches en exposición terán un desconto directo de 400 euros. A promoción prolóngase ata o vindeiro día 18 de decembro, coincidindo coa Feira de Baio.

Nas instalacións dos talleres do grupo Feirauto atoparán unha ampla gama de vehículos seminovos e de km 0 de todos os tipos: utilitarios, comerciais, SUV ou eléctricos, totalmente revisados para a súa entrega inmediata. Os talleres abren de luns a venres pola mañá e pola tarde, e o sábado e o domingo en horario de mañá. Esta campaña organízaa a Asociación do Automóbil de Baio. cg