Afiprodel divulga as boas prácticas sobre desenvolvemento local

Publicou na súa web un documento con 10 actuacións, a maioría na Costa da Morte
Desenvolvemento territorial
Jose Manuel Ramos
Portada do libro publicado por Afiprodel coa colaboración da Deputación da Coruña

Camariñas. A Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia (Afiprodel-Galicia), co cofinanciamento da Deputación da Coruña, publicou na súa web www.afiprodel.org un documento-libro electrónico sobre cultura e desenvolvemento local, no que se dan a coñecer dez boas prácticas promovidas tanto por persoas, empresas e entidades como pola administración pública, maioritariamente localizadas na Costa da Morte.

O documento pode descargarse en pdf e en formato de libro electrónico “epub”. Contén audiovisuais relacionados coa temática cultural.

Desde os seus inicios, Afiprodel é consciente da “importancia da cultura e a identidade para unha planificación e proxecto de futuro dos concellos e territorios”, afirman.

Sinalan ademais dende o colectivo, que as políticas de desenvolvemento local deben potenciar a vida e o “bo vivir (calidade, sostenibilidade, orgullo e identidade) despegándose de perspectivas meramente economicistas que converten a cultura propia e as persoas en capital desprovisto do valor social”. M. R.