Alerta en Dumbría por un veciño que estaba ingresado no hospital

Sucesos
Jose Manuel Ramos
Fachada do Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee. Foto: J. M.

Dumbría. Os bombeiros do parque comarcal de Cee desprazáronse onte ata o lugar de Buxán, en Dumbría, alertados por familiares e veciños dunha persoa que vive soa e á que non vían dende a tarde do pasado domingo, nin atendía as chamadas que lle facían na súa vivenda.

Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que a casa estaba pechada e coas persianas baixadas. O lugareños e familiares aseguraban que era moi raro que non estivesen levantadas, e ademais sinalaron que non viran ao seu veciño dende a tarde do domingo. Logo de erguer unha persiana, os bombeiros romperon un cristal para acceder á vivienda, “pois tanto a Garda Civil como os sanitarios comentaron a urxencia de entrar”, sinalan dende o citado parque. Despois de revisar todas as dependencias non atoparon a ninguén, polo que chamaron ao hospital de Cee, dende o cal confirmaron que estaba ingresado logo de ser trasladado ata o centro sanitario en ambulancia. J. M. R.