Alertan do perigo de edificios en ruínas no casco histórico de Fisterra

Urbanismo
Jose Manuel Ramos
Vista de Fisterra e a súa área portuaria

Costa da Morte. A Asociación de Veciños Costa da Morte, de Fisterra, remitiu un escrito ao alcalde para que o Concello adopte as medidas oportunas para evitar “o perigo que ofrecen as edificacións abandonadas e en ruínas no casco histórico”. Piden ademais que se aprobe o Plan de Protección do Centro Histórico “coa maior urxencia” para que os propietarios das devanditas edificacións poidan aproveitar as axudas e os créditos subvencionados para a conservación e rehabilitación. O presidente do colectivo veciñal, Fernando Carrillo, asegura que está aumentando o número de casas abandonadas “o que constitúe un grave deterioro da zona histórica da vila”. J. M. RAMOS