Alumnos do obradoiro de emprego acondicionan o interior da Casa de Pedra

Servizos municipais
Jose Manuel Ramos
A alcaldesa, Sandra Ínsua, á esquerda, na Casa de Pedra cos alumnos do obradoiro de emprego. Foto: Concello de Camariñas

CAMARIÑAS. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, avaliou este luns os traballos que está a acometer na Casa de Pedra o alumnado do obradoiro Xuventude polo Emprego, promovido polos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo. Os mozos e mozas participantes no módulo de Instalación de elementos de carpintería xa remataron a renovación do chan e instalaron varios armarios e estanterías. A actuación no interior está practicamente rematada, só queda por colocar máis mobiliario, polo que os servizos municipais habituais xa se retomaron na Casa de Pedra. As obras que se levarán a cabo no exterior do edificio quedarán pendentes ata que faga bo tempo.

Sandra Ínsua amosou a súa satisfación polo “bo traballo realizado ata o de agora” e felicitou tanto ao alumnado como ao seu monitor pola súa labor. J. M. RAMOS