‘Ao carón do mar’, de Schneider, na sala do faro de Vilán, en Camariñas

Exposición fotográfica
Jose Manuel Ramos
Peter Schneider. Foto: E. Trigo

CAMARIÑAS. Do 10 ao 31 de xullo a sala de exposicións do farco de cabo Vilán, que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, acolle a exposición de fotografía Ao carón do mar, obra o alemán afincado en Galicia, Peter Schneider. Un profesional que desde 1988 traballou en estudos de fotografía social, publicidade e en axencias publicitarias e en 1992 empezou o seu traballo como freelance. No ano 1993 gañou a Bolsa de Arte Fotográfica do estado federal de Baixa Sajonia cunha serie sobre Galicia. De 1998 a 2004 viviu en Malpica, e agora reside en Lugo, dende onde continúa a súa labor en fotografía social e tamén exerce como profesor. J. M.