Aparecen tres golfiños mortos na costa de Cee

Mar
Manuel Sambade
Un dos golfiños que apareceron mortos na costa de Brens, en Cee. Foto: Manuel Sambade

A pasada fin de semana foron localizados tres golfiños mortos na costa de Brens (Cee). Os corpos dos animais quedaron varados nunha zona de rochas, segundo informou Manuel Sambade, veciño da vila da Xunqueira. É bastante habitual que neste tramo litoral da Costa da Morte se rexistren este tipo de achádegos, especialmente en determinadas épocas do ano.