Aval europeo ó potencial do Camiño dos Faros pero sen certificación

Sendeirismo
Jose Manuel Ramos
Dous trasniños no Camiño dos Faros ao seu paso polo cabo Vilán, en Camariñas. Foto: O Camiño dos Faros

COSTA DA MORTE. A Asociación Europea de Sendeirismo vén de respostar á petición da Asociación O Camiño dos Faros sinalando que a ruta que une Malpica con Fisterra polo bordo litoral “ten potencial para ser realmente Leading Quality Trail - Bes of Europe”, pero non poden outorgarlle oficialmente ese recoñecemento porque “unha das regras básicas é que as súas actividades non poden ser contrarias ás da organización membro local” neste caso a Federación Española de Montañismo e, como parte desta a Federación Galega.

A este respecto, sinalan que os “malentendidos entre o seu grupo e a federación galega son significativos”. Dende a referida asociación europea recoñecen “o gran traballo” e os “esforzos financieiros” do colectivo O Camiño dos Faros, cuxos directivos aseguran que dan por “concluido cualquer intento de homologación de esta ruta, definida en Europa como sendeirismo de alta calidade e non recoñecida e pisoteada en Galicia polas diferentes administracións e a Federación Galega de Montañismo.”