Caballero esixe investir na sanidade dos bergantiñáns

PSdeG-PSOE
M. Outeiro
Arangüena, pola esquerda, con Caballero e Pardo. Foto: PSdG

costa da morte. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou Malpica co alcalde Walter Pardo e o vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena lamentando a “saturación” que está vivindo a sanidade pública e, sobre todo, a Atención Primaria cando “non hai persoal suficiente” e “non se cobren vacacións nin baixas”.

No caso de Malpica, censurou que “o centro de saúde quedou sen pediatra como cada verán”, o cal supón un “enorme prexuízo” para as familias do municipio. “O servizo dos centros de saúde non está ao cen por cen en todo o ano, xa que se reduciu o número de médicos residentes a tempo completo”, lamentaba, lembrando a cesión por parte do Estado de 828 millóns dos fondos COVID pra Galicia. Tamén pediu o arranxo o porto pesqueiro de Malpica, xa que “está desfeito” e isto ocorre “nunha vila que vive plenamente do mar”. Istou, asimesmo, á Xunta a que mellore a cimentación da entrada da estrada AC-418.

A súa visita tamén incluiu Camariñas, onde estivo acompañado da alcaldesa, Sandra Ínsua. Alí instou á Xunta a “facer investimentos, mellorar os servizos públicos e tamén a dispor dun transporte público de calidade”. “Estamos comprometidos coa Costa da Morte e con Camariñas”, concluíu, non sen antes demandar a homologación do Camiño dos Faros aliando ó Goberno galego cas bisbarras. m. outeiro