Cancelan por segundo ano consecutivo a Festa da Carballeira de Zas

Festas
ARCA
Cartel da última edición celebrada da Festa da Carballeira.

ZAS. A organización da Festa da Carballeira de Zas comunicou que, por segundo ano consecutivo, cancélase a 38 edición do festival. “A situación sanitaria actual segue sen permitirnos garantir a seguridade de todas as persoas participantes no festival (voluntarios, artistas, técnicos, provedores e público) e por tanto tomamos a decisión de non celebrar a festa tampouco este ano”, lamentan dende a entidade. “Novamente, tomamos esta decisión dende a responsabilidade, con todos os participantes, maiores e mozos, que queremos que poidan desfrutar desta festa coas máximas garantías e sen preocupacións”, engaden. Os organizadores expresan o seu agradecemento a patrocinadores e provedores “que estiveron dándonos o seu apoio nos últimos trinta e oito anos, dende o comezo da festa hasta estes dous últimos atípicos anos”. arca