Catro andainas en terras de Zas durante o outono

Sendeirismo
Jose Manuel Ramos
A primeira ruta pasará polas Torres do Allo. Foto: Concello de Zas

soneira. O Concello de Zas porá en marcha o programa Andainas de Outono, que inclúe catro saídas que se realizarán durante o mes de outubro por algúns dos espazos naturais máis fermosos do municipio. A primeirá será o de 3 de outburo, e discorrerá polo roteiro acondicionado pola Asociación Veciñal Tabeirón de Baio, ao carón do río e con meta no monte Castelo. A saída será ás 10.00 horas dende o paseo fluvial baiés. Os días 10 e 18 de outubro percorrerán a ruta da auga, que permitirá aos camiñantes descubrir fervenzas, muíños, un batán, pontellas, abellarizas, mámoas e un castro. O ciclo rematará o día 24 coa ruta das carballeiras. Trece quilómetros dun percorrido que pasa polo castro de San Adrián, os pazos de Romelle e Edreiras, entre outros espazos naturais. Todas as rutas comezarán ás 10.00 horas e as tres últimas partirán da Praza do Concello. Para participar hai que inscribirse nos centros socioculturais de Zas ou Baio. m. lavandeira