Cee acolle unha charla sobre a violencia de xénero no rural

Violencia de xénero
Jose Manuel Ramos
A conferencia será impartida na casa da cultura de Cee. Foto: Concello de Cee

A casa da cultura de Cee acolle este martes, día 26, unha charla informativa baixo o lema Rompe o silencio frente á violencia de xénero no rural, organizada pola--- Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), coa colaboración do Concello ceense e o Centro de Información á Muller, que dirixe Concepción Millán.

A conferencia comezará ás 11.00 horas, e está aberta á participación de todas as mulleres que desexen asistir. As interesadas poden obter máis información a través do 607 026795 ou no correo cim@cee.gal, ou tamén, no caso de mulleres xordas no teléfono accesible en LSE: 604 028598 no email ou empleo@faxpg.es.