Cee impulsa a campaña ‘Sen filtros contra a violencia de xénero’

25-N
Jose Manuel Ramos
Margarita Lamela, á esquerda, Emilia Trilla e Concha Millán presentando a campaña. Foto: Concello de Cee

O Concello de Cee impulsou a campaña Sen filtros contra a violencia de xénero, que foi presentada nun acto presidido pola alcaldesa, Margarita Lamela; a concelleira de Benestar, Igualdade e Servizos Sociais, Emilia Trillo e a directora do CIM, Concha Millán. A iniciativa inclúe varios vídeos, un dos cales proxectouse na presentación. Nel participaron Isabel Tomé, Toño Casais, a sección femenina do Unión Club Cee , alumnos da Escola de Teatro, dos institutos e do colexio Manuela Rial, ademais dos usuarios do Centro Social.

A campaña desplegarase nos medios de comunicación, Instragram, Facebook, Youtube e WhatsApp . Dende outubro xa se veñen realizando actividades en contra da violencia de xénero e en prol da igualdade. Así, impartíronse duas charlas : Rompe o silencio fronte á violencia de xénero, impartida pola Federación de Persoas Xordas de Galicia, e Diversidade afectivo sexual e contra a LGTBIFOBIA a cargo da Asociación de Menores Trans ARELAS.

Este semana colocaranse vinilos con citas de mulleres feministas célebres (Clara Campoamor ou Frida Khalo, por exemplo) nas entradas do Concello, Centro Social , IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e os colexios Eugenio López e Manuela Rial. O día 25 de novembro o acto institucional cambiará o seu lugar habitural de celebración (a praza 8 de Marzo) e será na praza de José Manuel Otero Lastres xa que vai ser alí onde se inaugurará un mural contra a violencia de xénero.