Chema Paz Gago presenta ‘Un mar de nombre impronunciable’ no Bela Fisterra

A cita é este sábado, día 3 ás 13.00 horas, no marco do ciclo Infinito // Estará acompañado polos poetas fisterráns Branca Vilela e Alexandre Nerium
Libros
Jose Manuel Ramos
Cartel promocional do acto de presentación do libro de Chema Paz Gago. Foto: Bela Fisterra

Este sábado, día 3 de xullo ás 13.00 horas, o hotel Bela Fisterra acolle a presentación do libro Un mar de nombre impronunciable, de Chema Paz Gago. Unha obra gañadora do XIII Premio Internacional de Poesía Claudio Rodríguez. Estará acompañado polos poetas fisterráns Branca Vilela e Alexandre Nerium. O acto está enmarcado no ciclo Infinito de presentacións literarias.