Ciclo de Robótica no IES Fernando Blanco de Cee

Formación
Jose Manuel Ramos
Instituto Fernando Blanco, de Cee

COSTA DA MORTE. Recentemente o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e os representantes da empresa XEAL (Xallas Electricidad y Aleaciones) asinaron un convenio para a implantación dun sistema de Formación Profesional Dual para o ciclo formativo de Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial. A este convenio están adheridas tamén Caolines de Vimianzo e Stolt Sea Farm. Ofértanse un total de 13 prazas, ás que poderán acceder as persoas que cumpran os requisitos de acceso a un ciclo formativo de grao superior. Nove alumnos serán acollidos por Xeal, tres por Stolt Sea Farm e un por Caolines de Vimianzo. Este novo ciclo vén a sumarse á ampla oferta de FP do centro ceense: Xestión administrativa, Administración e finanzas, Mantemento de vehículos, Electromecánica de vehículos automóbiles, Electricidade e electrónica, Instalacións eléctricas e automáticas e Mantemento electromecánico. J. M. R.