Colaboración educativa entre Aspadex e o IES Fernando Blanco, de Cee

Formación
Jose Manuel Ramos
Reunión de directivos de Aspadex e docentes do IES Fernando Blanco, de Cee. Foto: IES Fernando Blanco

COSTA DA MORTE. O IES Fernando Blanco, de Cee, acolleu unha reunión entre a directora de Aspadex, Concha Seoane López, e o responsable de Emprego, Jesús Fernández Fernández, e docentes do instituto, concretamente Bibiana Bértoa e Diego Carril (Departamento de Instalación e Mantemento), José Pardiñas (coordinador de FCT) e Chelo Trillo (directora). Ademais de amosarlle as instalacións do centro, informáronlles da posibilidade de que os usuarios de Aspadex poidan formar parte de accións formativas, como os cursos de AFD que nos últimos anos están a organizarse no instituto e que teñen intención de seguir ofertando. “Foi unha reunión moi reconfortante e presidida pola ilusión de ambas entidades para que o meirande número de persoas se poida beneficiar das oportunidades de formación”, afirman. J. M. R.