Concha Blanco compartíu unha tarde literaria cos escolares do Manuela Rial

Educación
Jose Manuel Ramos
A escritora Concha Blanco asinándolles libros aos alumnos do CPR Manuela Rial, de Cee. Foto: ECG

A escritora ceense Concha Blanco participou como convidada nun encontro con escolares de quinto e sexto curso de Primaria do CPR Plurilingüe Manuela Rial, da vila da Xunqueira, con motivo da celebración do Día das Escritoras. A autora, que ademais foi mestra, achegou aos estudantes ás súas creacións literarias e, ao rematar o acto, asinou os seus libros aos participantes.