Contos e historia para animar as Torres do Allo

Cultura
Jose Manuel Ramos
Representación teatral da historia das Torres do Allo a cargo de Os Quinquilláns. Foto: Torres do Allo

Zas. O humor será a base do espectáculo que ofrecerá o domingo, día 11 ás 20.30 horas, o monologuista Avelino González. Baixo o título Contos que foron chistes convidará á reflexión con historias doutras épocas. É unha actuación aberta a todos os públicos e para asistir é necesario reservar praza nos centros socioculturais ou a través dos números 981 751 398 / 981 718 056 (en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas). Un pouco antes desta actuación, ás 19.30 horas, terá lugar unha nova sesión das visitas teatralizadas. Francisca Riobóo Álvarez e Víctor López Seoane, interpretados por Os Quinquilláns, farán un percorrido polo pazo máis antigo de Galicia. Tamén é necesario anotarse antes da función a través do endezo electrónico info@torresdoallo.gal ou no propio pazo. E coincidindo coas festas de San Cristovo, o día 10, o grupo Troula animará a partir das 20.00 horas as rúas de Baio co espectáculo O estrano caso do dentista da rúa Brasov. J. M. r.