Corcubión e Laxe tamén organizan concursos de Entroido telemáticos

Entroido
Jose Manuel Ramos
Desfile de Entroido o pasado ano polas rúas de Laxe. Foto: Concello de Laxe

COSTA DA MORTE. Os concellos de Corcubión e Laxe tamén terán Entroidos telemáticos. Na vila corcubionesa veñen de convocar un concurso de disfraces que terá lugar entre o 10 e o 17 de febreiro e haberá cinco premios de 150, 100, 75, 50 e 25 euros, respectivamente. Poderán participar os censados no municipio, de xeito individual ou formando parte dun grupo. Deberán inscribirse previamente e enviar un foto dun único disfraz á dirección correo@corcubion.gal. Pola súa banda, o Concello de Laxe convocou dous certames, un de escaparates entroideiros e outro de disfraces. No primeiro caso o prazo de inscrición remata o día 16 e no segundo o 17. Os premiados serán elexidos por votación popular a través do Facebook do concello. No concurso de disfraces haberá premios para o máis orixinal, artesanal e divertido. J. L.