Corzos pastando á beira da estrada AC-552 en Vimianzo

Fauna silvestre
Jose Manuel Ramos

Dende hai unhas semanas, unha manada de corzos está a baixar do monte ata a vila de Vimianzo para pastar nas marxes da estrada AC-552. A pasada semana foron avistados nunha finca colindante co xeriátrico e esta mañá, alomenos dúas femias adultas, atravesaron a estrada ata un tramo antigo da vía, onde pastaban tranquilamente para asomo dos condutores.

A Policía Local de Vimianzo trasladouse ata a zona para tentar dirixilas de novo cara o monte, xa que poden supoñer un perigo para a circulación, e aboga por sinalizar a zona para alertar aos condutores. Ao parecer a presenza destes animais nos montes cercanos non é nova, senón que “xa os temos localizados dende fai uns anos”, sinalan.