Costa da Morte presta atención temperá a máis de cen nenos e nenas dez concellos

Servizos Sociais
Jose Manuel Ramos
María Agulleiro, esquerda, José Manuel Pequeño, Evaristo Lema e Concha Seoane durante a firma do convenio. Foto: C. D.

Dumbría. A Costa da Morte seguirá contando co servizo de atención temperá. Este martes asinouse o novo contrato con Aspadex para a prestación do servizo nos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Asinaron o alcalde dumbriés, José Manuel Pequeño Castro, e Evaristo Lema Antelo, presidente de Aspadex.

Desde a posta en marcha do SAT Costa da Morte, lévanse atendido desde os seus centros en Vimianzo e Dumbría, un total de 110 nenos e nenas destes concellos, dos cales xa recibiron a alta no servizo trinta e sete. Está atendidos por unha terapeuta ocupacional e psicomotricista, unha logopeda e unha psicóloga, e traballa en coordinación cos Servizos Sociais dos Concellos, cos servizos sanitarios e cos centros escolares.

Atende a poboación infantil de cero a seis anos, a súa familia e o seu contorno, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento, ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. j. m. ramos