Demandan un punto limpo para Cee

O BNG propón que se habilite nos terreos municipais do parque empresarial
Servizos
Jose Manuel Ramos
Vista aérea de Cee

O Bloque Nacionalista Galego considera “imprescindible” contar con un punto limpo en Cee. Xustifican a súa demanda con dúas razóns principais: por poboación e para que ésta dispoña dun correcto e cómodo reciclaxe e recollida de todo tipo de lixo.

Aseguran que o Concello de Cee posúe terreos no parque empresarial “perfectamente aptos” para a ubicación do punto limpio, polo que “tendo en conta que estamos co prego de condicións para un novo contrato de xestión do lixo”, instarán ao goberno local que priorice a consecución desta instalación.

“Este tipo de instalacións tendentes a reducir impactos medioambientais dos resíduos e a súa reutilización, pasan por seren imprescindibles e prioritarias, e ademais moi demandadas pola veciñanza, farta de non saber cómo desfacerse de lixo que non é o habitual”, afirma o portavoz do BNG ceense, Serxio Domínguez.