‘Desde el mar’ no Museo de Man

Arte
Jose Manuel Ramos
Asistentes al acto inaugural de la exposición ‘Desde el Mar’ en el Museo Man de Camelle. Foto: C. C.

CAMARIÑAS. O Museo Man de Camelle acolle ata o 30 de maio a exposición Desde el Mar, de Diana Bustamante. A mostra, chega a Camariñas da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares, e está comisariada por Antoni Torres Martorell. No acto inaugural estiveron a alcaldesa, Sandra Ínsua, e outros membros do goberno local e tamén a propia artista, Diana Bustamante, que entregou en doazón ao museo o cadro no que se representa Camelle. A súa pintura, na que o mar ten un gran protagonismo, evidencia a riqueza e versatilidade da paisaxe mediterránea a través dun percorrido polas Illas Baleares, a Costa Blanca, o faro Vilán, e Camelle para render homenaxe a Manfred Gnädinger. J. M.