Domínguez di que o PP non se opón a que Cee contrate outro policía

Política municipal
Jose Manuel Ramos
Momento dunha sesión plenaria da Corporación de Cee. Foto: J. M.

COSTA DA MORTE. O portavoz do PP de Cee, Antonio Domínguez, asegura que “o noso grupo non se opón a que se contrate un auxiliar da Policía Local” e aclara que no último pleno rexeitaron a proposta do goberno (PSOE) porque “non vemos necesario ceder as competencias de contratación á Xunta”. Sinala ademais que alcaldesa “minte cando di que non pode contratar, pois só ten que elaborar unhas bases e facer unha convocatoria como se fixo toda a vida”. Respecto ao rexeitamento ao prego para licitar a xestión do lixo, Antonio Domínguez sinala que “o PP presentou unha alternativa que non foi aceptada polo goberno, e por iso pedimos no pleno que nos desen unha semana máis para estudar o asunto”. A alcaldesa, engade, “non quixo, e nós non podemos aprobar algo cando ela rexeita todas as nosas propostas e peticións”. J. M. R.