Estadías de tempo libre en Muxía para mulleres soas con fillos a cargo

Servizos Sociais
Jose Manuel Ramos
Casa consistorial de Muxía

Muxía. As veciñas que estean empadroadas no Concello de Muxía poden solicitar a inscrición, ata o vindeiro día 30 de xuño, nas estadías de tempo libre creadas para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

As estadías terán unha duración de entre 7 e 9 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro. Poderán solicitar as prazas obxecto desta convocatoria as mulleres que reúnan os seguintes requisitos, na data de presentación da solicitude: ter fillas ou fillos menores ou en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, e non convivir con parella.

Ademáis, deberán estar empadroadas e ter residencia efectiva en calquera dos concellos galegos, e no caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo. A media dos ingresos brutos mensuais non poderá superar o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente, nos seis meses anteriores á solicitude. As persoas interesadas poderán contactar directamente co Centro de Información á Muller de Muxía. J. M. R.