Exposición nas Torres do Allo

Cultura
Jose Manuel Ramos
Manuel Muíño.

O pazo máis antigo de Galicia acolle a partir de hoxe a exposición ‘Zas polo miúdo’ que, a través dunha escolma fotográfica en sete paneis, reflícte a riqueza patrimonial e cultural do Concello de Zas a partires da detallada documentación recopilada polos autores de cada unha das dezaseis parroquias. A Concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña,organiza esta mostra, que será inaugurada este sábado, día 27 ás 18:00 horas, polo alcalde de Zas, Manuel Muíño, que estará acompañado polos autores Evaristo Domínguez e Xosé Ma Lema xunto con Manuel García Velo ‘Lito’. Poderá visitarse ata o 15 de setembro. En Semana Santa, de 11:00 a 20:00 horas, e dende o 10 abril ata o 14 de xuño, sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00 e dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro, de luns a venres de 11:00 a 20:00 e sábados e domingos de 11:00 a 21:00. A entrada é libre e de balde. É obrigatorio o uso de máscara.