Faro Vilán, un paraíso terreal ao alcance da man que debes visitar en Camariñas

Desde 1933 conta coa designación de Sitio Natural de Interese Nacional // A pesar da pandemia, en agosto tivo mellores números que en 2019
Esteban Ferrer

Quen sexa un amante da natureza, de camiñar por diferentes prados e montañas ata quedar sen osíxeno, quizais está ante unha gran oportunidade. O Faro do cabo Vilán, en Camariñas, coroa un dos lugares máis emblemáticos da Costa da Morte. Construído a 75 metros de altura, este símbolo desta vila mariñeira, conta cunha torre duns 25 metros, sobre a que se erixe un paraxe natural de gran beleza, que se sitúa como un dos maiores reclamos turísticos que ten o concello.

O naufraxio do acorazado inglés HMS Serpent no ano 1890, que tivo unha enorme trascendencia no seu momento, ao falecer practicamente a totalidade dos seus tripulantes, obrigou a acelerar a súa construción, poñéndose en funcionamento no 1896, gozando da peculariedade de ser o primeiro faro electricado de España. Nun momento ademais no que moitos lugares da contorna aínda non tiñan sequera enerxía eléctrica. Isto fixo que pasara a ter categoría de primeira, como pode ser o caso do do “fin do mundo” en Fisterra, conseguindo a súa luz os 97 km.

Esta figura, atrae cada ano a deceas de miles de turistas, cifra que aumenta cada ano, xa que como dixo a alcaldesa da vila, Sandra Insua, ao Correo de Costa da Morte, “moita xente cando pensa en Camariñas ve o encaixe e o Faro Vilán” ademais aclara que todos os veciños están “moi orgullosos desta impoñente edificación” porque forma parte do seu patrimonio natural e cultural.

A crise da covid-19, como non podía ser doutra maneira, xerou un contratempo para a asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, obrigando a pechar as portas ata xullo, así como a unha modificación do horario cando volveu a recibir a xente, entre outras medidas de control e seguridade.

Ante esta situación, a alcaldesa, declarou ao Correo de Costa da Morte, que “ademais de potencialo como punto de atracción turística, temos que protexelo e por iso este ano decidimos habilitar unha zona de xiro para os vehículos e os visitantes agora teñen que facer a pé os últimos 300 metros.

Raquel Pazos, membro da asociación, conta sen embargo que unha vez se reabriu o éxito foi abrumador. Neste último mes de agosto superaron incluso o número de visitantes do mes homólogo do pasado ano con 14574, un 15 % máis. Un dos motivos que explica o sucedido é que “o entorno natural da máis seguridade” ademais a xente “primou o turismo nacional por mor da pandemia” sinala. Isto non evita que os turistas tiveran coidado “ían con máis precaución, máis temerosa, non querían tocar nada.

O Concello, que pretende a titularidade da vía que chega ao Faro, está pendente dun proxecto da Deputación para crear un carril bici de Camariñas ao lugar, para desfrutar doutra maneira máis desta fermosa paisaxe.