Foro sobre a Translatio e os Camiños en Vimianzo

O Teu Xacobeo
Jose Manuel Ramos
Castelo de Vimianzo. Foto: Concello de Vimianzo

Terra de Soneira. A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá o venres, día 24, o foro Translatio e camiños de Santiago nas terras dos condes de Altamira no que se abordarán as lendas rutas de peregrinación, e tamén o fenómeno e a transformacion da translatio en produto turístico e cultural. Intervirán na primeira sesión as alcaldesas de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e Cee, Margarita Lamela, e o seu homólogo de Muxía, Iago Toba. Na segunda participarán Jean-Claude Benazet, membro da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago; Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego; Patricia Cupeiro, doutora en Historia de Arte; Paula Cadaveira, historiadora e especialista en Mobilidade e Peregrinacións na Baixa Idade Media; Jorgue Guitián, historiador da Arte, escritor e investigador en gastronomía; e Rosa Sánchez, ADL do Concello de Vimianzo. As inscrisións poden formalizarse en desenvolvemento.local@vimianzo.gal. J. M.