La AAVV de Fisterra pide que se prohíba subir ás autocaravanas ó monte Facho

Monte
ARCA
Mirador do monte do Facho, en Fisterra.

Fisterra. O presidente da Asociación de Veciños Costa da Morte, Fernando Carrillo Ugarte, presentou un escrito no Concello de Fisterra, dirixido ao alcalde, no que solicita que se prohíba o ascenso de autocaravanas pola estrada que sube ó monte Facho ou Monte do Cabo, dende a zona de aparcamento do Faro (Cantera). Tamén pide vixilancia para evitar que a cuneta da devandita estrada se converta en letrina e que estén ben sinalizados os servizos públicos existentes na zona dos postos de recordos turísticos que están ó servizo de todos os visitantes e se faga o mantemento adecuado. Afirma que a solicitude responde ó cumprimento do acordo adoptado pola directiva a entidade veciñal na asemblea ordinaria, na que os veciños e veciñas expresaron o seu desexo de que se garantice a seguridade e se eviten perigos innecesarios. arca