Licitan a mellora da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto

O prazo para presentar ofertas ante o Concello de Camariñas remata o 21 de xuño // O orzamento ascende a 125.000 euros
Infraestruturas viarias
Jose Manuel Ramos
En vermello, no centro, o trazado da rúa que será obxecto de mellora na Ponte do Porto. Foto: C. C.

O Concello de Camariñas licita por 125.000 euros o proxecto para a pavimentación da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto, financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña. Os traballos permitirán mellorar o firme da rúa, que actualmente se atopa bastante deteriorado. As obras inclúen o desbroce da vía e a limpeza das marxes, a demolición do pavimento existente en varios tramos e, por último, a execución dun novo de aglomerado asfáltico e adoquín rústico de pedra granítica. O prazo para presentar ofertas remata o 21 de xuño.