Limpan e acondicionan os depósitos de agua do Enfesto e da Carrúa, en Muxía

Servizos municipais
Jose Manuel Ramos
Interior do depósito de auga do Enfesto, en Muxía. Foto: Concello de Muxía

O Concello de Muxía segue a traballar no mantemento das instalacións do municipio. Tras a limpeza do depósito municipal de auga do Enfesto, un equipo de operarios municipais realizaron tarefas de acondicionamento do depósito do Alto da Carrúa.

“Complétase, deste xeito, unha posta a punto moi necesaria de dous depósitos importantes para Muxía”, destacan desde o goberno local. Nas referidas intervencións realizouse unha limpeza completa das instalacións e dos lodos depositados.